Galego
Galego reintegracionista
Español
Ligazóns/enlaces
Asina!/Assina!/¡Firma!
Contacto
   
 


A Real Academia Española (RAE) (www.rae.es) segue a ofrecer no seu dicionario tan “prestixioso” definicións de “gallego” coma:

5. adj.C.Rica. Tonto (falto de entendimiento o razón).

6. adj.El Salv. Tartamudo.

7. m.Lengua de los gallegos.


Como moitos de nós sabemos, as dúas primeiras acepcións tan “agarimosas” e “fermosas” producíronse por causa da pobreza que os galegos vimos sufrindo durante cinco séculos. Porén, hai que indicar que “gallego” en moitas rexións de América do Sur fai referencia a tódolos españois e non só ós galegos. Por outra banda no dicionario da RAE defínese directamente “gallego” como “tonto” e “tartamudo”sen explicar que estes insultos van dirixidos a toda a comunidade española, puidendo provocar deste xeito confusións. Ademáis, sábese perfectamente que estes usos son totalmente residuais en América Latina, e inda así a Rae quere amosalos no seu dicionario. Hai que facer saber tamén que en bastantes lugares de América Latina, o termo “gachupín” ou “cachupín” é un vocábulo moi despectivo, mesmo moito máis ca “gallego” para se referir ós españois, porén a RAE no canto de incluílo na mesma entrada de “español”, introdúceo nunha nova entrada como se non tivese nada que ver con español. Ó mellor a Rae ten medo que se coñeza a relación deste termo con español. Pensamos que se os significados de “tonto” e “tartamudo” son definidos dentro do termo “gallego”,  “gachupín” tamen debería ser explicado no corpo de “español” e non apartalo nunha entrada diferente. De todos xeitos, cremos que os insultos a “minorías” non deberían ser amosados en ningún dicionario e menos inda se os seus usos son moi limitados como no caso de “tonto” e “tartamudo”. Sinalar  que segundo todo o que acabamos de dicir, tamén se deberían incluír os termos de “bruto” para “Vasco” e “agarrado” ou “tacaño” para “Catalán” xa que son moi empregados na fala e coñecidos por todos. Mais o noso propósito non é aldraxar a ninguén nin afrontarnos a ningunha persoa (tampouco apoiamos a introdución destes usos despectivos nos correspondentes termos), senón condear e pedir con total seguridade e firmeza que os significados de “tonto” e “tartamudo” sexan eliminados da definición de “gallego” xa que non veñen a conto.

Falando sobre a última acepción, parécenos bastante incompleta, principalmente se a comparamos, por exemplo, coa de “catalán”:

3. m. Lengua romance vernácula que se habla en Cataluña y en otros dominios de la antigua Corona de Aragón.

Calquera língua neste diccionario, como por exemplo: “catalán”, “euskera”, “español” etc aparece mellor definido có “gallego”.

Cremos que temos o mesmo dereito cós demais a que se defina o noso idioma do mesmo xeito que se define ós outros, especificando que temos unha historia detrás e coidando que a nosa língua non sexa tratada coma un dialecto máis. Por outra banda, o feito de situar, a definición do “gallego” como língua nun sétimo lugar, parécenos intolerable.

Para conseguirmos o que nos propomos, gostaríamos de realizar unha recollida de sinaturas e de que participedes todos cantos pensedes coma nós.