-ENVÍO DE PREGOS Á RAE:O 6 de Xullo do 2009, a Real Academia Española (RAE) atendeu as demandas que numerosos colectivos e organizacións levaban facendo desde hai xa tempo e eliminou do seu dicionario (virtual) a acepción de "tonto" na definición do termo "gallego". Desde Garipano celebramos esta medida aínda que esta Academia tardara bastante tempo en levar a cabo a súa promesa. Porén, consideramos que queda moito por facer. A RAE segue mantendo a súa postura en amosar a acepción de "tartamudo" na entrada de "gallego" a pesares de que moitos colectivos, organizacións, filólogos, lingüistas e Institucións Académicas afirman que o uso de "tartamudo" é completamente residual e descoñecido no lugar onde a RAE o sitúa ( El Salvador). Abonda con recordar que esta Academia non recoñece nin inclúe no seu dicionario centos de palabras de uso cotián na lingua española.
Desde Garipano tamén queremos solicitar á RAE que cumpra a súa promesa de equiparar a definición da lingua galega, que actualmente aparece explicada como "lengua de los gallegos", coas definicións das outras linguas do Estado. Segundo o propio Blecua " La 23ª edición revisará la definición de todas las lenguas para no hacer distingos. Pero el idioma, como mucho, sólo avanzará hasta la quinta posición y eso gracias a la marcha de "tonto". Desde a nosa asociación mostramos o noso rexeitamento ante o desexo desta academia de manter a definición de lingua nunha sexta acepción ( coa marcha de "tonto", a definición de lingua ficará nunha sexta posición e non nunha quinta como afirma Blecua). Consideramos que debería ser definida como moito nunha segunda ou nunha terceira posición, tal e como ocorre nos casos de linguas como "catalán", "euskera" e "español".
Por último, desde Garipano tamén queremos preguntar á RAE que sucederá coas frases feitas como "mesa gallega/de gallegos" e "hacer mesa gallega", xa que esta institución asegurou que estas expresións seguirían sendo incorporadas no novo dicionario que verá a luz dentro duns anos. O problema vén que no artigo enmendado estas frases feitas non están incluídas.
Polo tanto, gostariamos de realizar un envío de pregos incluíndo toda esta información (máis elaborada) e de que todas as persoas que desexen enviar cada unha o seu prego se unan a este evento, poñéndose en contacto connosco por medio dos correos-e de Garipano.
Difundide este evento entre todos os vosos contactos, por favor. Cantos máis sexamos, moito mellor!!!!
-A Real Academia Española elimina a acepción de "tonto" na definición do termo "gallego".
O luns 6 de xullo do 2009a Real Academia Española eliminou da súa páxina web o significado de "tonto" que hai tan só un día figuraba na definición do termo "gallego". Desde a Asociación Cultural Garipano celebramos esta acción mesmo aínda que esta Academia tardara dous anos en levar a cabo esta medida. Debemos recordar que no 2007 esta institución recoñecera que a acepción de "tonto" non facía nada na entrada de "gallego". A eliminación da acepción de "tonto" pódese ollar ao clicar no artigo enmendado que aparece ao escribir a palabra "gallego" no buscador do dicionario virtual da RAE (http://www.rae.es). "Suponse" que o devandito artigo enmendado é un avance do novo dicionario desta Academia que verá a luz dentro duns anos. A pesares desta boa noticia, esta enmenda continua a mostrar a definición da lingua galega como "lengua de los gallegos", mesmo despois da declaración da RAE de mellorar esta acepción e poñela ao mesmo nivel que a definición do resto de linguas de España. Desde Garipano continuaremos a loitar para que esta Academia defina correctamente o idioma galego.
Pola outra banda, ficamos moi sorprendidos co feito de que no artigo enmendado non aparecesen as frases feitas "mesa de gallegos/ mesa gallega" ou "hacer mesa gallega", frases que a RAE advertiu que ía incluír na nova edición do seu dicionario. Será este un novo xeito de agochar estas definicións, para evitar as protestas, e saíren impunes dentro duns anos cando o novo dicionario saia á rúa?
Desde Garipano, como moitos de vós sabedes, non imos ficar calados.
"Gallego" fica definido, polo tanto, do seguinte xeito (artigo enmendado):
Artículo enmendado.
Avance de la vigésima tercera edición
gallego, ga.
(Del lat. Gallaecus).
1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.
5. adj. El Salv. tartamudo.
6. m Lengua de los gallegos.
7. m C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
8. m C. Rica. libélula.
9. m Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
10. m Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.
□ V.
caldo gallego
endecasílabo de gaita gallega
gaita gallega
nabo gallego
trompa gallega
-Nova no Xornal "La Voz de Galicia": o día 4-7-2009 publicouse no Xornal "La Voz de Galicia" unha nova que facía referencia á tardanza que está a mostrar a Real Academia Española (RAE) na eliminación da acepción do termo "gallego" como parvo, despois de que esta mesma Academia anunciase hai meses que ía levar a cabo esa medida. Segundo a RAE o feito de esta demora débese a "algúns problemas informáticos", algo que nós dubidamos bastante. Para lerdes a nova, facede cliq aquí
-Nova no xornal "El País": A semana pasada unha redactora do diario "El País" púxose en contacto connosco para se informar sobre a iniciativa que estamos a levar a cabo. Onte mesmo (18-03-2009), publicaron un artigo impecable ao respecto. Desde aquí gostariamos de vos informar que dentro de pouco tempo imos crear un blogue no que expresaremos os nosos puntos de vista sobre as decisións da RAE (Real Academia Española) e sobre tódolos demais aspectos que vaian xurdindo ao respecto.
-Entrevista á Asociación Cultural Garipano (09/02/009)
O pasado día 9 de febreiro do 2009, a nosa asociación foi entrevistada polo programa da Radio Galega chamado "Aberto por Reformas" que dirixe Xurxo Souto e Vituco Neira. Aquí poderedes escoitar a entrevista
-Nesta ligazónpoderedes ver unha videomontaxe feita a partires dunha pequena entrevista a algúns dos compoñentes da Asociación Cultural Garipano. Esta montaxe foi elaborada polo diario dixital A Nosa Terra. Nel, colaborou, mesmo, a prestixiosa escritora e profesora galega Teresa Moure.
Temos que indicar que no vídeo hai dous pequenos erros que se cometeron debido ó directo e ós nervos de estar perante unha cámara: Dixéronse algunhas frases coma: "trala morte de Cela, no 2001..." debemos indicar que Cela morreu no 2002. Con isto, queriamos dicir que, a pesares das tentativas de Cela de que estes termos de "tonto" e "tartamudo" non se incluísen no dicionario da RAE, estes acabáronse por introducir no 2001. A culpa é toda nosa. O segundo erro aconteceu cando se dixo que "nos anos 30 do século XX, se eliminou o significado de "cousa de Galicia" e se introduciu o de "natural de Galicia". Indicar que o significado de "cousa de Galicia, ou "cousa pertencente a Galiza" existiu durante a maior parte do século XVIII na RAE, e foi sustituído polo de "natural de Galicia" a finais do XVIII e principios do XIX. Xa se sabe que os datos sempre custaron memorizar. Sentimos a molestia que puidesemos provocar.
-Esta é a ligazón á primeira páxina web que creamos para a recollida de sinaturas. Se vostede quere, tamén pode asinar neste espazo.
Nestas dúas ligazóns poderá atopar varias brincadeiras de POLO POLO. Polo Polo é un comediante Mexicano. O seu verdadeiro nome é Leopoldo García Peláez Benitez. É moi coñecido debido ós seus chistes para adultos (moitos deles moi verdes). En bastantes das súas brincadeiras ridiculiza ós españois, tratándoos realmente de parvos, meténdose con eles de tódolos xeitos posibles. Os termos que poderedes escoitar significan o seguinte: “pendejo” (parvo, babeco, estúpido) “menso” (parvo), “gachupín”(termo moi despectivo que nomea ó español residente en América Latina) e “pinche” (persoa miserable, vil, ruín, de pouco valor). Aquí lles deixo os enlaces; para escoitalos só deben premer neles.
“Los Tepichines” é un grupo de cómicos mexicanos. Teñen una canción chamada “el re-descubrimiento de América” na que se critica a descuberta de América por Cristóbal Colón e mófanse e desprezan ós españois. Para escoitar a canción preman aquí
Para acceder a elas, faga cliq no encabezamento. En canto nos cheguen máis respostas, serán metidas de seguido.
-ESCRITAS DE FERNANDO DÍEZ LOSADA
Fernando Díez Losada é un asesor lingüístico do xornal “La Nación” (Costa Rica).Leva traballando neste cargo dende o seu ingreso no ano 1992. É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, e en Filoloxía Española pola UACA (Universidade Autónoma de Centro América) de Costa Rica.
Aquí vos déixamos as escritas de Fernando sobre o tema de “gallego” como “tonto” ou “tartamudo” que publicou no diario “La Nación”.